Este curso de inglés nivel A2 está dirixido a persoas que xa teñen unha base elemental e queren seguir progresando. Ao longo do curso ampliarás o teu vocabulario e mellorarás a túa gramática para poder falar de temas como a rutina diaria, as viaxes, a saúde ou as compras. Practicarás a comprensión oral e escrita con diálogos, textos sinxelos e exercicios prácticos. O obxectivo é que poidas comunicarte con máis seguridade en situacións cotiás, utilizando frases máis complexas e entendendo mellor o inglés falado e escrito.

Este curso de inglés Nivel A1 está pensado para persoas que comezan desde cero ou que teñen coñecementos moi básicos. aprenderás vocabulario e expresións sinxelas para saudar, presentarte, falar da familia, da comida, do tempo ou das túas afeccións. Tamén practicarás a comprensión oral e escrita con actividades fáciles e xogos interactivos. O obxectivo é que gañes confianza e poidas comunicarte en situacións cotiás de maneira sinxela e práctica.