O procedemento para as probas de certificación está recollido na Instrución 1/2026 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficial e libre para o curso 2025/26.
O alumnado do réxime oficial (cursos ordinarios final de nivel) terá que superar a proba de certificación correspondente para obter o certificado que lle permita ascender, se é o caso, ao nivel inmediatamente superior, e non terá que matricularse nas probas.
A matrícula en modalidade libre está dirixida ao alumnado que só quere presentarse ás probas para certificar a súa competencia nas linguas que ofrece a EOI de Monforte de Lemos: Alemán, ELE, Francés, Inglés e Italiano.
Niveis | Alemán | Español | Francés | Inglés | Italiano |
Básico A2 | si | si | si | si | si |
Intermedio B1 | non | non | si | si | si |
Intermedio B2 | non | non | si | si | si |
Avanzado C1 | non | non | si | si | non |
Consulte a información sobre as datas das destrezas escritas das probas de certificación de niveis B2 e C1, niveis A2 e B1 e as convocatorias para as probas orais (pendente de actualización).
Prema nas seguintes ligazóns para obter máis información sobre:
que debe saber antes de matricularse na modalidade LIBRE ou CUALE
a norma que regula a matrícula LIBRE e CUALE
procedemento de matrícula nas modalidades LIBRE e CUALE
prazo de matrícula da modalidade LIBRE e CUALE
a documentacion requerida para formalizar a matrícula
guías informativas das probas, táboas de avaliación e modelos de probas.