Titel Culturas sen Fronteiras #1 - Marwa Zitoun
Zusammenfassung

Marwa Zitoun é unha doutoranda e profesora tunisiana especializada na ensinanza de francés como lingua estranxeira que realizou unha visita de observación na EOI de Lugo en novembro de 2023. Nesta conversa con Blandine Mouret, profesora e xefa do departamento de francés, fala do seu labor como investigadora e comparte impresións sobre a súa estancia en Lugo.

Culturas sen Fronteiras é un podcast da EOI de Lugo sobre diálogo e intercambio cultural a través das linguas. Este é o seu primeiro episodio.

Mediendatei
Erstellt Mittwoch, 4. Dezember 2024, 19:01
Letztes Update Mittwoch, 4. Dezember 2024, 19:01
Schlagwörter
Anzeigen
Titel Culturas sen Fronteiras #2 - Samuel Mountoumnjou
Zusammenfassung

Neste novo episodio de CULTURAS SEN FRONTEIRAS,  o podcast sobre comunicación intercultural de Radio Rochoteca, Blandine Mouret, xefa do Departamento de Francés, entrevista a Samuel Mountoumnjou, especializado en tradición oral africana, con motivo do Día Mundial da Narración Oral, celebrado o pasado 20 de marzo na EOI de Lugo cunha actuación deste contacontos camerunés

Mediendatei
Erstellt Mittwoch, 4. Dezember 2024, 19:03
Letztes Update Mittwoch, 4. Dezember 2024, 19:03
Schlagwörter
Anzeigen
Titel Culturas sen Fronteiras #3 - François Roberge
Zusammenfassung

Neste novo episodio do podcast CULTURAS SEN FRONTEIRAS, o podcast sobre comunicación intercultural de Radio Rochoteca, entrevistamos ao lingüista canadense François Roberge despois da súa conferencia sobre a situación sociolingüística do Quebec na EOI de Lugo. Dirixe a conversa a tradutora Irene Arto, que actualmente realiza as súas prácticas docentes no Departamento de Francés como estudante do mestrado universitario de Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela.

Mediendatei
Erstellt Mittwoch, 4. Dezember 2024, 19:05
Letztes Update Mittwoch, 4. Dezember 2024, 19:05
Schlagwörter
Anzeigen
Titel Culturas sen Fronteiras #4 - Cedric Vargas
Zusammenfassung

Neste novo episodio de Culturas sen Fronteiras, alumnado de francés entrevista a Cedric Vargas, natural de Viveiro e traballando en Francia como profesor de español como lingua estranxeira. A través deste podcast podemos coñecer a súa traxectoria profesional e as particularidades do sistema educativo francés.

Mediendatei
Erstellt Mittwoch, 4. Dezember 2024, 19:07
Letztes Update Mittwoch, 4. Dezember 2024, 19:07
Schlagwörter
Anzeigen
Titel Culturas sen Fronteiras #5 - Alexandra Biggs
Zusammenfassung

Neste novo episodio do podcast CULTURAS SEN FRONTEIRAS, o podcast sobre comunicación intercultural de Radio Rochoteca, entrevistamos á auxiliar de conversa do departamento de inglés, Alexandra Biggs, para coñecer a súa experiencia en Lugo e aspectos socioculturais dos Estados Unidos, o seu país de orixe. Dirixe a conversa a profesora de inglés María Lama, tamén membro do equipo de biblioteca.

Mediendatei
Erstellt Montag, 16. Dezember 2024, 12:11
Letztes Update Montag, 16. Dezember 2024, 12:11
Schlagwörter
Anzeigen
Titel Culturas sen Fronteiras #6 - Angela Guntín
Zusammenfassung

Neste novo episodio de CULTURAS SEN FRONTEIRASo podcast sobre comunicación intercultural de Radio Rochoteca, Fabienne Suwelack, auxiliar de conversa do departamento de alemán, entrevista a Angela Guntín, alumna de alemán da EOI de Lugo criada en Suíza. Comparte con nós a súa experiencia intercultural para descubrir que non todos os países de fala alemá teñen os mesmos costumes.

Mediendatei
Erstellt Montag, 19. Mai 2025, 13:01
Letztes Update Montag, 19. Mai 2025, 13:01
Schlagwörter
Anzeigen
Titel Culturas sen Fronteiras #7 - Natalia Chuprova
Zusammenfassung

Neste episodio de Culturas sen Fronteiras, o alumnado de alemán B2 entrevista á súa compañeira de aula Natalia Chuprova, que vén de Belarús, viviu en Alemaña, estudou danza e agora imparte clases de tango en Lugo. A través deste podcast, comparte a súa experiencia intercultural coa comunidade escolar da EOI de Lugo. Agradecemos a Loida Rodríguez, alumna voluntaria da biblioteca escolar da EOI de Lugo, por ter gravado a entrada e despedida do podcast en galego.

Mediendatei
Erstellt Montag, 31. März 2025, 12:51
Letztes Update Montag, 31. März 2025, 19:24
Schlagwörter
Anzeigen