Culturas sen fronteiras
O podcast sobre comunicación intercultural de Radio Rochoteca, a radio da EOI de Lugo
Special | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z
ALL
| Title | Culturas sen Fronteiras #1 - Marwa Zitoun |
| Summary | Marwa Zitoun é unha doutoranda e profesora tunisiana especializada na ensinanza de francés como lingua estranxeira que realizou unha visita de observación na EOI de Lugo en novembro de 2023. Nesta conversa con Blandine Mouret, profesora e xefa do departamento de francés, fala do seu labor como investigadora e comparte impresións sobre a súa estancia en Lugo. Culturas sen Fronteiras é un podcast da EOI de Lugo sobre diálogo e intercambio cultural a través das linguas. Este é o seu primeiro episodio. |
| Media file | |
| Created | mércores, 4 de decembro de 2024, 7:01 PM |
| Last updated | mércores, 4 de decembro de 2024, 7:01 PM |
| Etiquetas | |
| Ver |
| Title | Culturas sen Fronteiras #2 - Samuel Mountoumnjou |
| Summary | Neste novo episodio de CULTURAS SEN FRONTEIRAS, o podcast sobre comunicación intercultural de Radio Rochoteca, Blandine Mouret, xefa do Departamento de Francés, entrevista a Samuel Mountoumnjou, especializado en tradición oral africana, con motivo do Día Mundial da Narración Oral, celebrado o pasado 20 de marzo na EOI de Lugo cunha actuación deste contacontos camerunés |
| Media file | |
| Created | mércores, 4 de decembro de 2024, 7:03 PM |
| Last updated | mércores, 4 de decembro de 2024, 7:03 PM |
| Etiquetas | |
| Ver |
| Title | Culturas sen Fronteiras #3 - François Roberge |
| Summary | Neste novo episodio do podcast CULTURAS SEN FRONTEIRAS, o podcast sobre comunicación intercultural de Radio Rochoteca, entrevistamos ao lingüista canadense François Roberge despois da súa conferencia sobre a situación sociolingüística do Quebec na EOI de Lugo. Dirixe a conversa a tradutora Irene Arto, que actualmente realiza as súas prácticas docentes no Departamento de Francés como estudante do mestrado universitario de Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela. |
| Media file | |
| Created | mércores, 4 de decembro de 2024, 7:05 PM |
| Last updated | mércores, 4 de decembro de 2024, 7:05 PM |
| Etiquetas | |
| Ver |
| Title | Culturas sen Fronteiras #4 - Cedric Vargas |
| Summary | Neste novo episodio de Culturas sen Fronteiras, alumnado de francés entrevista a Cedric Vargas, natural de Viveiro e traballando en Francia como profesor de español como lingua estranxeira. A través deste podcast podemos coñecer a súa traxectoria profesional e as particularidades do sistema educativo francés. |
| Media file | |
| Created | mércores, 4 de decembro de 2024, 7:07 PM |
| Last updated | mércores, 4 de decembro de 2024, 7:07 PM |
| Etiquetas | |
| Ver |
| Title | Culturas sen Fronteiras #5 - Alexandra Biggs |
| Summary | Neste novo episodio do podcast CULTURAS SEN FRONTEIRAS, o podcast sobre comunicación intercultural de Radio Rochoteca, entrevistamos á auxiliar de conversa do departamento de inglés, Alexandra Biggs, para coñecer a súa experiencia en Lugo e aspectos socioculturais dos Estados Unidos, o seu país de orixe. Dirixe a conversa a profesora de inglés María Lama, tamén membro do equipo de biblioteca. |
| Media file | |
| Created | luns, 16 de decembro de 2024, 12:11 PM |
| Last updated | luns, 16 de decembro de 2024, 12:11 PM |
| Etiquetas | |
| Ver |
| Title | Culturas sen Fronteiras #6 - Angela Guntín |
| Summary | Neste novo episodio de CULTURAS SEN FRONTEIRAS, o podcast sobre comunicación intercultural de Radio Rochoteca, Fabienne Suwelack, auxiliar de conversa do departamento de alemán, entrevista a Angela Guntín, alumna de alemán da EOI de Lugo criada en Suíza. Comparte con nós a súa experiencia intercultural para descubrir que non todos os países de fala alemá teñen os mesmos costumes. |
| Media file | |
| Created | luns, 19 de maio de 2025, 1:01 PM |
| Last updated | luns, 19 de maio de 2025, 1:01 PM |
| Etiquetas | |
| Ver |
| Title | Culturas sen Fronteiras #7 - Natalia Chuprova |
| Summary | Neste episodio de Culturas sen Fronteiras, o alumnado de alemán B2 entrevista á súa compañeira de aula Natalia Chuprova, que vén de Belarús, viviu en Alemaña, estudou danza e agora imparte clases de tango en Lugo. A través deste podcast, comparte a súa experiencia intercultural coa comunidade escolar da EOI de Lugo. Agradecemos a Loida Rodríguez, alumna voluntaria da biblioteca escolar da EOI de Lugo, por ter gravado a entrada e despedida do podcast en galego. |
| Media file | |
| Created | luns, 31 de marzo de 2025, 12:51 PM |
| Last updated | luns, 31 de marzo de 2025, 7:24 PM |
| Etiquetas | |
| Ver |