Remate das clases

par Pino Alonso,

Boa noite,

Hoxe rematamos as clases, volvemos con bastantes coñecementos novos que intentaremos transmitir.

Coincidindo con que hoxe, 13 de febreiro, é o Día da radio, aproveitamos tamén para comentarvos que gravamos entrevistas a compañeiros e compañeiras do curso, que proximamente difundiremos nun podcast na radio da escola. Non volo perdades, que contarán detalles sobre o ensino de linguas nos seus países, os programas Erasmus+ dos seus centros e o que aprenderon no curso. 

Un saúdo desde Florencia😉

Alma López e Pino Alonso

Que sabes de Florencia?

par Pino Alonso,

Boa noite,

Estes días aprendemos moito de intelixencia artificial e tamén da cidade de Florencia: anímaste a probar ti os teus coñecementos sobre esta cidade italiana a través dun quiz que creamos coa axuda da IA Gemini?

Accede a través desta ligazón: https://gemini.google.com/share/86c14fad5e13

Coméntanos a túa puntación nunha resposta a esta entrada do foro!

Un saúdo desde Florencia😉

Alma López e Pino Alonso

Novas funcionalidades de Canva

par Pino Alonso,

Boa noite, 

Hoxe, na terceira sesión do curso "There Is an AI for That", descubrimos novas funcionalidades de Canva, moi útiles para a creación de materiais educativos. Se tedes interese, á volta podemos contarvos máis.

Un saúdo desde Florencia😉

Alma López e Pino Alonso

IA e sostibilidade

par Pino Alonso,

Boa noite!

Hoxe tratamos varios temas na segunda sesión do curso, pero queremos salientar un deles: IA e sostibilidade. Deixamos aquí unha ligazón a un artigo moi interesante:

https://sustainability-news.net/climate-nature/chatgpts-monthly-carbon-footprint-equivalent-to-260-transatlantic-flights/

Que pensades do tema? Animádevos a ler o artigo e deixar calquera reflexión ou comentario como resposta a esta entrada no foro.

Un saúdo desde Florencia😉

Alma López e Pino Alonso

Comezamos a mobilidade de formación en Florencia!

par Pino Alonso,

Boa tarde!

Entre os días 9 e 13 de febreiro estamos participando nunha mobilidade de formación en Europass Teacher Academy Florencia, encadrada no proxecto KA121 da Acreditación Erasmus+ 2025-2027 da EOI de Lugo. O curso trata sobre as aplicacións da intelixencia artificial na educación.

Hoxe, durante a primeira sesión, compartimos experiencias con profesorado de Portugal, Bélxica, Romanía e Polonia. Podedes ver na presentación que tedes enriba un resumo do que estamos a facer cada día. Se tedes calquera consulta ou suxestión, contactade connosco a través deste foro.

Un saúdo desde Florencia😉

Alma López e Pino Alonso