Boa tarde a todas e todos!
Acaba de saír a listaxe provisional do celga. Parabéns ás persoas Aptas, e ás que non, lembrade solicitar revisión antes do 19 deste mes:
As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de dez días, a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles os criterios que determinaron a cualificación obtida. O prazo finaliza o día 19 de xullo de 2024.
Un saúdo e bo verán!
Isabel