Saltar navegación

Enviar e recibir mensaxes

A mensaxería é, xunto cos foros, a outra canle de comunicación entre as persoas participantes nun curso Platega. Mentres que os foros é unha canel PÚBLICA de comunicación, porque as mensaxes son visibles para todos os participantes no curso, a mensaxería é unha canle PRIVADA: as súas mensaxes unicamente as ven as persoas entre as que se cruzan. Polo tanto, a mensaxería empregarase para asuntos privados ou persoais, mentres que os foros serán para a comunicación colectiva e pública.

Como persoa titora ou participante nun curso podes enviar/recibir e ler/contestar mensaxes a través da aula virtual á coordinación do curso, á titoría ou aos compañiros e compañeiras participantes no curso, sen necesidade de usar o teu correo institucional.

Pasos  Pasos para usar a mensaxería dun curso Platega 

1. Abre a mensaxería:

Mensaxería dun curso Platega

2º Localizamos á persoa destinataria da nosa mensaxe:

Destinatario da mensaxe

3º Redacta a mensaxe e envíaa

Mensaxe redactada

A persoa destinataria recibirá a mensaxe e poderá responder. O historial das mensaxes coa outra persoa gárdase automáticamente e cando elixamos ese/a interlocutor/a amosarase deste xeito:

Historial das mensaxes cun participante

Mesmo podemos gardar os contactos frecuentes, especialmente coas persoas coas que nos comunicamos frecuentemente, como a persoa titora ou os compañeiros/as de grupos de traballo colaborativo; para iso preme 1º na lapela "Contactos" e despois no nome desa persoa, como se sinala na imaxe anterior. Amosarase esta xanela:

Contactos frecuentes

Moito ollo cos contactos que bloquees, especialmente se é a persoa titora ou a coordinadora do curso: bloquealas implica pechar unha canle de comunicación imprescindible no curso, pois non recibirías as súas mensaxes, e iso pode ter serias consecuencias.

Outro xeito de enviar mensaxes ou gardar e contactos frecuentes é premer no nome dese participante, nun foro por exemplo, e...

G¡Enviar mensaxe ou gardar en contactos frecuentes

Como participante nun curso poderás enviar mensaxes individuais a outras persoas do curso. 


Departamento de educación dixital
Vostede é libre para:
  • Compartir — copiar e redistribuir o material en calquera medio ou formato
  • Adaptar — remesturar, transformar, recrear e crear obras derivadas sobre o material

...mesmo con finalidade comercial, baixo as condicións seguintes:

  • AtribuciónDebe dar o recoñecemento apropiado, fornecer un vínculo á licenza e indicar se se fixeron cambios. Pode facelo de calquera maneira razoábel pero non de maneira que poida suxerir que o licenciante o apoia a vostede ou o seu uso.
  • Compartir Igual — Se vostede remestura, transforma ou recrea sobre o material, debe distribuír as súas colaboracións coa mesma licenza cá orixinal.