Celebración Samaín + Halloween

Celebración Samaín + Halloween

por EDLG (Equipo de dinamización da lingua galega) -
Número de respostas: 0

Ola,

o vindeiro martes 31 de Outubro imos celebrar Samaín e Halloween nunha celebración conxunta entre o EDLG e o departamento de inglés, aproveitando os elementos comúns (e unha mesma orixe!) de ambos festexos. 

Podedes vir disfrazados/as. Haberá un pequeno quiz e algunha historia en ambas as dúas linguas. Haberá tamén algún agasallo para as persoas gañadoras do quiz. 

Animádevos a participar! Pasarémolo de medo...!