Vindeiras actividades: horto urbano, excursión micolóxica, club lectura Jules Verne

Vindeiras actividades: horto urbano, excursión micolóxica, club lectura Jules Verne

por EDLG (Equipo de dinamización da lingua galega) -
Número de respostas: 0

Ola a todos/as,


o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) da EOI Ferrol ten organizadas unha serie de actividades que esperamos sexan do voso interese. 

- O xoves 26 de outubro, levaremos a cabo a plantación de outono no horto da escola. Será no patio interior do edificio, de 17:00 a 19:00 h. ??

- O mércores 8 de novembro faremos unha excursión micolóxica polo Forgoselo baixo o asesoramento de José Luis Cuba Crespo, experto micólogo da comarca. A excursión ten un prezo de 10€ e o prazo de inscrición é ata o día 30 de outubro na seguinte ligazón??

- O mércores 15 de novembro teremos o primeiro club de lectura en galego deste curso e versará sobre a novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, dentro do proxecto escolar de lectura sobre viaxes. Esta será a nosa primeira aproximación ao vínculo entre Jules Verne e a cidade de Vigo. Podedes atopar exemplares da novela na biblioteca, tamén en Kindle; é recomendable confirmar asistencia no seguinte enderezo: normalización@eoiferrol.org??

Achegamos os cartaces de todas as actividades. Tamén podedes ver toda a información sobre as mesmas no blog do EDLG, que está aloxado na aula virtual da escola. Se vos matriculades no curso (EDLG 2023-24), recibiredes todas as novas do EDLG de primeira man a través do foro de novas. 

Vémonos nas actividades!

Un saúdo,

Juana Rodríguez
(Coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG))

Escola Oficial de Idiomas de Ferrol
Rúa Real, nº 29 15402 Ferrol
Tfno: 881938408
Seguídenos en Instagram! @edlg_eoiferrol
2MBzjAzoRp3dvN9g6WumB8sc-zIQ7QL_Ft13R91dFq2hbuztqEzoQDlVBtFCTW7r7XB7Ru_F0eWnpDxgvHEmVX33Uu400C59Syn2Rl5vTXWoeeQup8ybE3CkACLca2kNEhRsTS4