Ola,
xurdeume unha dúbida durante o proceso de creación do vídeo: como podemos recortar parte do audio asociado a un vídeo sen ter que recortar tamén as imaxes, e sen recurrir a outros programas de edición de audio?
Tamén quería comentar unha serie de conclusións ás que cheguei logo desta práctica:
- facer vídeos con fillxs na casa... unha odisea, hahaha!
- mellor ter un guión ben claro desde o principio; do contrario, algunhas cousas non encaixan ben con outras e hai que remendar ou volver empezar (noooon!);
- o uso de diferentes aparatos na gravación conleva diferentes calidades na súa reprodución, e isto nótase cando estes materiais se combinan nun mesmo vídeo;
- a realidade non supera a ficción das nosas cabezas; a realidade (= o produto final) é máis cutre...
- poñerse diante dunha cámara... ufff...
Mais foi unha boa práctica e paseino ben! Graciñas pola formación.
Un saúdo,
Juana