Ola de novo,
conseguín exportar e gardar o arquivo, aínda que perdín unha foto. Subín o vídeo á aula para que mo comentedes. Non é ningunha marabilla (teño que mellorar a edición), mais é un comezo.
Saúdos,
Kerry
Ola de novo,
conseguín exportar e gardar o arquivo, aínda que perdín unha foto. Subín o vídeo á aula para que mo comentedes. Non é ningunha marabilla (teño que mellorar a edición), mais é un comezo.
Saúdos,
Kerry
Ola!
Gústame o teu vídeo! Fixéchelo con moita soltura. Xa o podes usar para o alumnado de C2 perefctamente.
Saúdos,
Marta
Ola,
fáltache a captura de pantalla, non ?
Saúdos,
Claire
Ola, Claire.
Cando fixen o vídeo, subín unha foto e unha captura de pantalla, mais parece que perdín algúns elementos debido aos problemas co programa. A ver se as podo recuperar a semana que vén.
Graciñas!
Saúdos,
Kerry
Ola!
Para ser un comezo, está moi ben! Estou de acordo con Marta, fixéchelo con moita soltura.
Acabo de subir o meu video, a ver que vos parece. Son as mellores "tomas falsas" que conseguín :)
Ola,
puiden ver os vídeos e sodes moi pro! Eu cheguei á conclusión de que quero un avatar!! Dinme conta dunha serie de fallos mais, se pretendo correxilos, o proceso de crear un vídeo sería demasiado longo como para ser rentable... Foi un exercicio moi interesante, de todas formas!
Un saúdo,
Juana
Ola Sandra,
non podo velo! Pasoume o mesmo co meu vídeo (QuickTime non recoñece o formato), así que botareille unha ollada o xoves. Pídoche desculpas por adiantado.
Saúdos,
Kerry
Ola a tod@s:
Vin os catro vídeos subidos e parécenme unha pasada de bos todos, tendo en conta que estamos só empezando nesta materia. (Juana, nótase que tes nenos pequenos - rinme moito có teu. Está xenial!)
Concordo con Juana na idea de se poderemos ao final dedicar tanto tempo a actividades relacionadas coa edición de vídeo xa que o proceso é moi laborioso ao non ter apenas coñecementos previos como é o meu caso e supoño que o da maioría de nós, e que con tanto traballo dadas as circunstancias actuais e aínda estando a aprender o manexo da nova versión de Moodle que temos que usar este ano, a conclusión que saco é que non creo que poida sacar nada nin a metade de bo que estes catro vosos pero sigo intentando.
Parabéns ás catro,
Ángela
Alégrome de que che gustara! A min dáme un pouco de vergoña...