
O curso vai dirixido aos estudantes de ruso co nivel de competencia A1, e ten por obxectivo que os estudantes dispoñan de recursos didácticos de carácter práctico que lles axuden a reforzar o que se vaia explicar e traballar na aula. Aquí, entre outras cousas, atoparán exercicios escritos dirixidos a mellorar a competencia gramatical, audios e vídeos, lecturas, etc. que farán máis accesible a comprensión da linguaxe que se utiliza na vida cotiá. Igualmente achegarase aos alumnos algúns aspectos culturais do mundo ruso.
- Teacher: Irina Yurievna Stepánova Bolshakova