
O presente curso vai dirixido aos alumnos do nivel A1, que dan os seus primeiros pasos no estudo do idioma ruso.
O curso ten por obxectivo dotar aos estudantes de recursos didácticos suficientes para que poidan afianzar os contidos explicados e traballados na aula. Aquí, entre outras cousas, atoparán exercicios escritos dirixidos a mellorar a competencia gramatical e a aprender vocabulario, audios para traballar, na primeira etapa, a fonética, e máis tarde, a comprensión oral, vídeos didácticos, cancións, pequenos textos para practicar a lectura, etc. que farán máis accesible a comprensión e asimilación da linguaxe que se utiliza na vida cotiá. Tamén achegarase aos alumnos algúns aspectos culturais do mundo ruso.
- Teacher: Irina Yurievna Stepánova Bolshakova