4. Formato de caracteres

Cando creamos un texto, é necesario darlle o formato máis apropiado as nosas nesesidades. Para elo imos a ver as diferentes posibilidades que nos ofrece este enriquecedor de texto. Como xa dixemos, convén non "abusar" dos estilos e facer os nosos contidos demasiado cargados.

grosa Grosa: Estilo tipográfico no que os caracteres teñen un trazo máis groso.

Exemplo: Benvidos a miña páxina.

cursiva Cursiva: Estilo tipográfico na que os caracteres teñen un aspecto inclinado.

Exemplo: Benvidos a miña páxina.

subliñado Suliñado: Estilo tipográfico consistente en poñer una raia debaixo da

palabra para destacala do resto.

Exemplo: Benvidos a miña páxina.

aliñado á esquerda Aliñación á esquerda: Atributo que aliña o texto á esquerda.


aliñado ao centro Aliñación ó centro: Atributo que aliña o texto ó centro.


aliñado á dereita Aliñación á dereita: Atributo que aliña o texto á dereita.


xustificación completa Aliñación xustificada: Atributo que axusta o texto de dereita e esquerda,equilibrando os espazos entre palabras.


viñetas Lista por puntos(Viñetas): Atributo baseado en sangría francesa que permite listar o texto por puntos.


numeración Numeración: Atributo baseado na sangría francesa que permite listar o texto por categorías.


sangría á esquerda Sangría á esquerda: Permite desprazar o texto hacia a esquerda.


sangría á dereita Sangría á dereita: Permite desprazar o texto hacia a dereita.


desfacer Desfacer: Permite desfacer a operación realizada, reconstruindo o anterior.


refacer Refacer: Permite refacer a operación realizada anteriormente.


cor de texto Cor de texto: Permite escoller unha cor diferente para aplicar ao texto.
Exemplo: cor de texto personalizada.

cor de texto personalizado

Para seleccionar unha cor de texto diferente hai que premer sobre a icona anterior e aparecerá unha paleta de cores. Pincharemos sobre a cor desexada e listo.


tamaño de texto

Neste combo podemos elexir o tamaño do texto.


formato

Neste combo poderemos colocar o texto coas opcións incluídas por defecto. Cada unha delas teñen unha configuración distinta con sangrías, alienacións, tamaño de texto, etc...



A continuación presentamos unha imaxe de exemplo con algúns destes formatos aplicados.

exemplo