Saltar navegación

MRCDD

Xustificación dos contidos segundo o Marco de Referencia para a Competencia Dixital Docente

1.Compromiso profesional

1.2 Comunicación organizativa

Usar tecnoloxías dixitais para mellorar a comunicación organizativa con estudantes, familias e terceiros. Para contribuír, desenvolver e mellorar colaborativamente as estratexias de comunicación organizativa.

1.3 Práctica reflexiva

Reflexionar individual e colectivamente sobre a propia práctica pedagóxica dixital, avaliala criticamente e desenvolvela activamente, así como a da propia comunidade educativa.

1.4 Desenvolvemento profesional dixital continuo (DPC)

Usar as fontes e recursos dixitais para o desenvolvento profesional continuo.

2. Recursos Dixitais.

2.2 Crear e modificar recursos dixitais

Modificar e aproveitar os recursos con licenza aberta existentes e outros recursos cando isto estea permitido. Crear ou co-crear recursos didácticos dixitais novos. Considerar o obxectivo didáctico específico, o contexto, o enfoque pedagóxico, o grupo/clase, no momento de deseñar os recursos dixitais e planificar o seu uso.

2.3 Xestionar, protexer e compartir recursos dixitais

Organizar contidos dixitais e poñelos a disposición do alumnado, as familias e outros e outras docentes. Protexer de xeito efectivo contidos dixitais sensibles. Respectar e aplicar correctamente as normativas de privacidade e os dereitos de autoría. Entender o uso e a creación de licenzas abertas e recursos pedagóxicos abertos, incluída a súa atribucion axeitada.

3. Ensino e aprendizaxe.

3.1 Ensino

Planificar e implementar dispositivos e recursos dixitais no proceso de ensino para mellorar a efectividade das intervencións pedagóxicas. Xestionar e organizar axeitadamente as intervencións pedagóxicas dixitais. Experimentar e desenvolver novos formatos e métodos pedagóxicos para a docencia.

3.2 Orientación

Usar as tecnoloxías e servizos dixitais para mellorar a interacción co alumnado, individual e colectivamente, dentro e fóra da aula. Empregar as tecnoloxías dixitais para ofrecer orientación e apoio apropiados e oportunos. Experimentar e desenvolver novas formas e formatos para ofrecer orientación e apoio.

3.4 Aprendizaxe autorregulada

Usar tecnoloxías dixitais para apoiar os procesos de aprendizaxe autorregulada, por exemplo, permitir que o alumnado planifique, faga un seguimento e reflexione sobre a súa propia aprendizaxe, proporcione evidencia do seu progreso, comparta as súas experiencias e atope solucións creativas.

4. Avaliación

4.3 Retroalimentación e planificación

Usar as tecnoloxías dixitais para proporcionarlle ao alumnado unha retroalimentación individualizada e oportuna. Adaptar as estratexias pedagóxicas e proporcionar apoio dirixido, baseado na evidencia xerada polas tecnoloxías dixitais utilizadas. Permitir que o alumnado e as familias comprendan a evidencia proporcionada polas tecnoloxías dixitais e as teñan en conta para a toma de decisións.

5. Capacitación do alumnado.

5.1 Accesibilidade e inclusión

Garantir a accesibilidade do alumnado, incluído o alumnado con necesidades especiais, aos recursos e actividades. Ter en conta e dar reposta ás expectativas, habilidades, usos e confusión de conceptos (dixitais), así como as dificultades cognitivas, físicas ou contextuais no uso das tecnoloxías dixitais.o seu contido...

6. Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado.

6.3 Creación de contido dixital

Engadir actividades de aprendizaxe, tarefas e avaliacións que lle requiran ao alumnado expresarse a través de medios dixitais, así como modificar e crear contido dixital en diferentes formatos. Ensinarlle ao alumnado como lle afectan aos contidos dixitais os dereitos de autoría e as licenzas, como citar as fontes e atribuír as licenzas.