Section outline
-
A interacción entre alumnado é necesaria e moi beneficiosa, especialmente en etapas de gran carga emocional, como a xerada polo confinamento. Para potenciala e, á súa vez favorecer o coñecemento entre os integrantes da comunidade educativa, programamos varias sesións de recreo a través de webex con dinámicas de xogo tipo "Quen é quen" no que hai que adiviñar de que participante se trata a través de pistas que o/a describen, de forma que ao tempo que xogamos estamos avanzando no coñecemento entre nós. Tamén tiveron cabida pezas musicais interpretadas polo profesorado, cancións creadas polo alumnado, etc.