Section outline

  • Estas actividades estan creadas para traballarse na clase, pero teñen relación con outras materias permitindo que poida darse esta interacción con elas.

    • 1. NOS PREÁMBULOS DUNHA PELI...

      Actividade para 4 ESO.

      Adentrámonos nun documental e trailer dunha peli, na que o autor, buscando financiación,fai referencia a múltiples realidades moi duras,nas que pode verse o feito,o problema e a solución. Neste intre, poidemos na clase, descubrir os esforzos que teñen que facer os persoaxes, para ese "convivir". A maiores,buscamos unha relación coa materia de Valores, pois os alumnos atopan outros aspectos dignos de ser resaltados.

    • 2. UNHA MIRADA A "CONVIVENCIA" NO CAMIÑO DE SANTIAGO.

      Actividade para 1 ESO.

      Nesta actividade a estratexia de aprendizaxe enfócase nun primeiro momento, as múltiples rutas e a orixe do camiño, coma experiencia de séculos (relación coa materia de Historia), para pasar logo ao propósito central, que é unha mirada e análise de 3 momentos primordiáis do "convivir no Camiño":  o feito de CAMIÑAR, o feito de vivir as experiencias de COMER,DURMIR e COMPARTIR nos albergues, e por último, o feito de CHEGAR A SANTIAGO, e CULMINAR A ODISEA. Cada parte amosa a súa enorme peculiaridade. Tamén aqui poidemos facer  relación coa materia de Valores, e ver que outros aspectos, aparte do relixioso, estaren presentes nese "convivir" intenso.

    • Asomámonos a estes 3 momentos antes mencionados na experiencia de camiñar no Camiño.

    • 3. A TRANSVERSALIDADE DA PALABRA "CONVIVENCIA"...

      Actividade para 2 ESO.

      A palabra "Convivencia" implica moitas cousas e accións diversas na vida das persoas. Miramos nos evanxeos do Novo Testamento, e atopamos aspectos importantes que os seres humanos vivimos intentando levar a cabo ese CONVIVIR. Logo pasamos a ter contacto coa materia de Galego, concretamente na poesía de algún autor favorito do alumno, onde este poda atopar tamén ese sentimento xa analizado antes, agora reflexado na estrofa dun poema. Con isto demóstrase a transversalidade das emocións e sentimentos humanos, que se atopan en todos os campos.

    • Atopamos aspectos similares en textos de ámbitos distintos, referidos á Convivencia.

    • 4. PREPARÁNDONOS PARA O ANO SANTO XACOBEO 2021...

      Actividade para 3 ESO.

      Ista festividade, moi relacionada con Santiago, e co Camiño, é unha gran celebración en Galicia, dende hai séculos. Posto que estamos as portas desta importante festividade social, cultural, relixiosa, económica e ata política no 2021, xa que hermana cidades, concellos e pobos, resulta moi interesante abrir esta porta para ver a súa celebración  e constatar nos seus distintos aspectos, as múltiples "formas de convivencia" que implica, propón, facilita... Nesta actividade, de novo, temos a posibilidade de ver a relación coa materia de Historia, e coa materia de Valores.

    • Propoñemos examinar este importante evento en Galicia, para encontrar nel moitos aspectos que nos falan de "convivencia".