Section outline

  • Con motivo das Letras Galegas, ademais de organizar parte da exposición adicada a Antón Fraguas, autor homenaxeado no día das Letras Galegas 2019, fixemos unha sección de LETRAS VIOLETAS. Nel os rapaces e rapazas de Primaria enchemos as letras con imaxes de escritoras galegas (reflexionando sobre as poucas que se dan a coñecer nos libros), os seus nomes e algúns dos seus poemas. As rapazas de 2º de ESO tamén nos axudaron elaborando unha pequena exposición sobre as poucas mulleres que formaron parte do Seminario de Estudos Galegos, xa que está vinculado á figura de Antón Fraguas.

    Tamén modificamos a nosa Biblioteca de Igualdade na Entrada do Centro con libros de escritoras galegas.