ANAYA. Xa temos as licencias para que poidades darvos de alta na web de ANAYA e utilizar os libros dixitais das materias que tedes con esta editorial.
Deixamos un manual para que vos deades de alta na web de ANAYA.
Enviaremos as licencias a cada un de vós para que poidades engadir os libros.
VICENS VIVES: Vicens Vives deixou os seus libros en aberto. Se premes no seguinte enlace podes traballar co teu libro dixital:
- 1º ESO: Xeografía e Historia.
- 2º ESO: Xeografía e Historia.
- 3º ESO: Xeografía e Historia.
- 4º ESO: Xeografía e Historia.
No caso de que queirades traballar cos libros de Xeografía e Historia sen conexión, tedes este enlace no que se explica como facelo: https://s3s-es3.net/mrx/7GeYXMJWE/8267/3107957038.html
SANTILLANA: Engadimos un manual para o acceso aos vosos libros dixitais. Enviaremos as licencias para que cada un vaia entrando. SEGUIDE AS INSTRUCIÓNS DO MANUAL.
CASALS: Pon a vosa disposición dúas aplicacións (dispoñibles en Google Play e Appstore):
- Casals AR: Coa aplicación de Realidade Aumentada pódese acceder fácilmente aos recursos dos libros desde o teléfono móbil.
- eCasals Off-line: Se nalgún momento non se dispón de conexión a internet, pódese descargar o libro dixital nun dispositivo para consultalo off-line.
Podedes acceder a elas directamente para descargalas dende a páxina de CASALS: Editorial Casals con docentes y familias para afrontar la crisis del COVID-19
SM: Estamos á espera de resposta para o envío de licencias para que teñades acceso aos libros dixitais das materias que cursades con esta editorial.