Section outline

  • Neste apartado irei incluíndo recursos para traballar a Intelixencia Emocional que é a habilidade que nos axuda a entender de que maneira podemos influír nas nosas emocións como interpretar os estados emocionais dos demais. Este aspecto ten un papel fundamental tanto na nosa maneira de socializar como nas estratexias de adaptación ao medio que seguimos.

    • Botellas da calma ou botellas sensoriais.

      Vídeo 1

      Vídeo 2

      Colección de contos para nenas e nenos de  3 a 5 anos.

      Contos para traballar as emocións en Infantil

      Libro con apoios visuais e actividades para identificar, comprender e traballar as emocións e sentimientos propios e os dos demais, así como a regulación e o autocontrol.

      Aprendendo a coñecer emocións e sentimentos

    • Claves para a xestión das emocións

      Sesión práctica do psicólogo Rafael Guerrero onde explica como os adultos podemos axudar na xestión das emocións dos nen@s. Moi recomendable!

    • #ComoNosSentimos

      Un dos aspectos máis importantes desta situación que estamos a vivir derivada do Coronavirus é poder exteriorizar o que sentimos persoalmente e o que senten as persoas que nos rodean; compartir, apoiarnos, comprendernos, axudarnos, comunicar, explicar, dialogar...todo isto é necesario e convén que, como adultos, promovamos cautelosamente este proceso nos nen@s e en nós mesmos.

      Por iso, déixovos uns organizadores gráficos, moi visuais, que vos poden facilitar este proceso para saber por onde comezar. Neles os nen@s poden debuxar, escribir, pegar pictogramas ou debuxos de caras ou simplemente empregalos para dialogar, para iniciar unha conversa. O obxectivo é compartir emocións, medos, expectativas, esperanzas,...sobre o que está acontecendo en torno ao Coronavirus.

      Organizador gráfico - Que aprendín?

      Organizador gráfico - emocións.

      Organizador gráfico - escala de valores.

      Organizador gráfico - Antes pensaba? Agora penso?