1. A FORMA SONATA

A sonata é unha forma de estruturar e desenvolver os TEMAS MUSICAIS (ou melodías) nunha composición musical.

É coma un molde a partir do cal o compositor constrúe diferentes tipos de composicións. 

Se o comparamos coa literatura, é coma unha forma estrófica. Se un poeta quere escribir un soneto, sabe que debe respectar a súa estrutura fixa: 2 cuartetos e 2 tercetos, versos endecasílabos,rima ABBA, ABBA, BCB CDC, pero os temas dos seus sonetos poden ser completamente diferentes uns dos outros.

A forma de SONATA é algo semellante. O compositor ten que axustarse a unha estrutura fixa, pero as melodías ou temas musicais de cada sonata son completamente diferentes.

A súa estrutura ten 3 partes e é a seguinte:

ESQUEMA FORMA SONATA

Na EXPOSICIÓN: O compositor presenta os dous temas musicais, A e B, contrastantes entre sí e separados por unha ponte. Despois de presentalos conclúe cunha parte final ou CODA. 

No DESENVOLVEMENTO: O compositor xoga de xeito libre con motivos melódicos de A e B ou inclúe melodías novas. É a parte máis libre.

Na REEXPOSICIÓN: O compositor reexpone, é dicir, repite, os temas iniciais A e B. 

Agora escoita esta Sonata para piano de Mozart e presta atención á súa estrutura: 

Esta forma de sonata pode empregarse en distintas composicións musicais para instrumentos ou grupos de instrumentos distintos.

Segundo o instrumento ou grupo de instrumentos para os que estea escrita, cambia de nome:

Así, se a composición é para un instrumento só ou un dúo, denomínase SONATA.

Se é para 2 violíns, viola e violonchelo, denomínase CUARTETO.

Se é para orquestra denomínase SINFONÍA.

Se é para instrumentos solista e orquestra denomínase CONCERTO.

TIPOS DE SONATA