3. A FORMA TEMA CON VARIACIÓNS

Consiste na exposición dun tema principal (moitas veces un tema coñecido ou unha melodía popular) que se repetirá varias veces, pero nunca exactamente igual, senón VARIADO, alterado dalgún xeito.

As variacións poden ser:

  • Engadir algún adorno
  • Cambiar a harmonía
  • Cabiar o ritmo
  • Cambiar o tempo (a velocidade)
  • Cambiar o timbre (que a melodía a interprete outro instrumento ou nun rexistro máis agudo ou grave...)
  • Cambiar a textura ...    

W. A. Mozart era moi afeccionado a compoñer temas con variacións a partir de melodías de outros compositores que lle gustaban e coas que se divertía xogando. 

Neste exemplo, a partir dunha melodía popular, escribiu 12 variacións diferentes para piano: