Para os que non o coñezan, trátase dun programa de televisión onde os concursantes se agochan debaixo dun disfraz e fan unha actuación musical intentando non ser recoñecidos. 

A nosa proposta é que os nen@s  envíen 2 videos ao mail da súa titora ou titor, ou senón ao juliabecerra2021@gmail.com indicando o curso e o grupo:

  • un video curto, cantando ou bailando, disfrazados ou soamente coa cara tapada, poden modular a voz para poñelo máis difícil. Comezarán o vídeo decíndonos de que aula son e seguidamente farán a actuación. 
  • Outro video decíndonos de que aula son, logo quitarán a máscara e dirán como se chaman.

Se teñen irmáns poden facelo xuntos e enviar o mesmo vídeo aos profes respectivos.

-        

Última modificación: viernes, 5 de febrero de 2021, 13:08