Section outline

  • Semana do 1 ao 5 de febreiro.

    A vindeira semana será a derradeira de Isabel no cole, a auxiliar de conversa. Por iso, propoñemos como actividade escribirlle unha mensaxe, carta xunto cun debuxo contándolle a vosa experiencia durante este curso na materia de Arts & Crafts e despedíndovos dela.

    Recordade facelo en CASTELÁN OU EN INGLÉS para que poida ler a vosa mensaxe, xa que o Galego non o entende moi ben. Podedes utilizar a ficha con marco e a cartolina que vos enviamos, ademais doutros materiais que teñades ou  se vos ocorran.
    Iso sí, tendes que mantelo en segredo ata que llo deamos xa que será unha sorpresa que lle faremos o último  día antes de que se vaia.

    A maiaores déixovos dúas fichas de mates moi, moi sinxeliñas para repasar as decenas e unidades que me teredes que enviar ao correo andreamonteagudo@cpijuliabecerra.com