1 De que está feito o universo?

  • Cos coñecementos de que se dispoñen hoxe en día, os científicos afirman que o universo, que se encontra en permanente cambio, pódese describir en termos de materia e enerxía. Estudaremos a materia, as súa propiedades e a súa composición e veremos que os cambios no universo están relacionados cos intercambios de enerxía.

1.1 Como estudamos a materia

  • Para poder estudar o universo, os científicos seleccionan partes del:

DEFINICIÓNS:

Chamamos sistema material a calquera forma de materia cuxos límites sexan imprecisos, ben pola súa natureza, bcn pola súa extensión.

Se a materia ten límites definidos, falamos de corpos.

EXEMPLOS:

  • Son sistemas materiais as nubes, o aire, o mar ou as galaxias, mentres son corpos unha unha caixa, unha cadeira ou un vehículo.
  • Os líquidos e gases, pola súa natureza, non presentan límites definidos, polo que se poden considerar sistemas materiais, mentres que os sólidos poden presentar límites definidos, como un vaso (sería un corpo), ou non, como a montañas (sería un sistema material).

1.2 A materia: as súas características

Que é a materia?:

Por materia entendemos todo aquilo que ten DIMENSIÓNS e que presenta INERCIA.

1) Ten dimensións:

  • É dicir, ocupa un lugar no espazo, que expresamos mediante o volume, cuxa unidade no SI é o metro cúbico, m3.

2) Presenta inercia:

A inercia é a propiedade que ten todo corpo (ou todo sistema material) a manter o seu estado de repouso ou de movemento.

  • A cantidade de inercia que ten un corpo vén dada pola súa masa, cuxa unidade no SI é o quilogramo (kg).

3) A materia é a causa da atracción gravitatoria: debido a ela, os corpos ou os sistemas materiais atráense entre si. A atracción gravitatoria é responsable de:

  • A formación dos planetas, das estrelas e das galaxias, ao ir atraéndose e compactarse diversas cantidades de materia (exemplo: formación do sistema solar).
  • Que os planetas se movan arredor do Sol (ou da súa estrela) nas súas órbitas.
  • A formación das mareas (atracción gravitoria do sol e da lúa).
  • A caída dos corpos cara abaixo cando os soltamos.
Última modificación: xoves, 1 de decembro de 2016, 12:57 PM