Recentemente foi actualizada a base de datos de usuarios da aula virtual do noso centro. Se es un usuario novo ou tes problemas para acceder, ten en conta isto:
- Nome de usuario: nome1.nome2.apelido1apelido2
- Ten en conta que os ñ serán n e non se empregan os tiles. Exemplo: María José Fernández Mariño sería maria.jose.fernandezmarino
- O teu contrasinal para o primeiro acceso é changeme
- Se xa empregabas a aula virtual o ano pasado, seguramente o teu contrasinal sexa o mesmo que tiñas. Se non podes acceder, proba en primeiro lugar a acceder co contrasinal changeme, e se segues sen poder acceder ponte en contacto con algún profe.