Nesta ligazón atoparás a enquisa que nos permitirá elaborar o Plan de Lectura, Escritura e Acceso á Información.
Grazas.
Nesta ligazón atoparás a enquisa que nos permitirá elaborar o Plan de Lectura, Escritura e Acceso á Información.
Grazas.
Os sapoconchos máis espelidos da escola volven para presentarnos as novidades da biblioteca: Perrock Holmes, Resuelve el misterio e moito máis!
Mira este vídeo para saber máis: https://youtu.be/gsJ5R0iKVNI
Ademais, tamén se poden consultar as novidades no panel do corredor da biblioteca! Alí atópanse os libros marcados coas cores por idades: vermello (todos os públicos), verde (a partir de 3ºEd. Primaria), amarelo (a partir de 5º de Ed. Primaria) e sen cor (Ed. Secundaria).

Recentemente foi actualizada a base de datos de usuarios da aula virtual do noso centro. Se es un usuario novo ou tes problemas para acceder, ten en conta isto:
O día 16 de maio inauguramos no noso centro unha exposición sobre os autores e autoras homenaxeados no día das Letras Galegas desde o inicio desta efeméride, ano 1963, até a actualidade realizado polo alumnado de 1º e 2º da ESO.

O 13 de marzo celébrase o Día Mundial Sen Faltas de Ortografía mais a Brigada Antigrallas Sapoconchil (BAS) considera que un día non chega a nada e, por iso, convoca a II edición do concurso Á caza da gralla ortográfica . Fixádevos ben na vosa contorna, de seguro que atoparedes erros lingüísticos no lugar menos pensado!
https://youtu.be/jrrj5lbM0P4Para participar no concurso, cómpre enviar un correo coa fotografía a lentinhashouse@gmail.com, achegando:
- Nome da/o participante e curso.
- A fotografía inédita e propia.
- A gralla encontrada e a súa corrección
Cada participante poderá achegar un máximo de dúas fotografías.
A data límite de entrega é o venres 6 de maio ás 12h do mediodía.
Todas as fotografías recibidas que conteñan unha gralla ortográfica comprobada
entrarán na urna que estará exposta en Conserxería. O día 9 de maio celebrarase o sorteo para sabermos quen será o afortunado ou afortunada que levará para a casa un fantástico Ebook. Alén diso, todos os participantes recibirán
un pequeno agasallo pola captura dun cazapo lingüístico.
Boa e proveitosa caza!
Disque o tempo anda revirado e tolo de todo... por mor do que os nosos sapoconchos lectores vos piden axuda para que lles axudedes a identificar fenómenos meteorolóxicos mediante unha fotografía e un pareado, en lingua galega, que o explique".
Aquí vos deixamos as bases deste novo concurso para toda a comunidade educativa:
Para conmemorar o Día Mundial da Meteoroloxía, o 23 de marzo, propoñemos un concurso fotográfico sobre un fenómeno meteorolóxico.
Para participar no concurso, é necesario enviar un correo a meteocova@gmail.com, achegando:
Primaria:
A entrega de premios será efectuada á volta de Semana Santa.

Quen ousa participar neste reto que vos propoñen Lentiña, Cova e Terreña? Só tedes que adiviñar de que catro personaxes do Entroido tradicional galego van vestidas Lentiña, Cova, Terreña e mais un dos novos amigos, Fofinho.
O xoves 3 de marzo atoparedes a urna en Conserxería para poderdes participar.
Agardamos as vosas respostas, mentres imos rillando marruchos a fartar!
Desexamos que pasedes un día pacífico e harmonioso e que gocedes desta pequena contribución que preparou o equipo da Biblioteca.
E como canta John Lennon "Imagine all the people living life in peace"
Coa chegada do Nadal, os nosos sapoconchos lectores reciben unha visita moi especial: o Apalparuga!
Lentiña, Cova, Terreña e todo o equipo da Biblioteca desexámosvos un bo Nadal!