A Biblioteca do CPI de Cova Terreña
Requisitos de finalización
Unha guía na que aprender todo o que tes que saber sobre a biblioteca do centro.
4. As normas da biblioteca
- A duración do empréstito é de 15 días. Poderá ampliarse se o libro non ten demanda.
- Podedes reservar un libro.
- Na biblioteca deberás estar en silencio.
- Prégase non levar ningún tipo de comida nin bebida á biblioteca.
- O uso dos libros será sempre coidadoso.
- Despois de ler un libro tedes que colocalo no carriño.
- Podedes empregar os ordenadores para consultar información, enciclopedias, CD ou DVD. Se escoitas música terás que pedir uns cascos.
- NON se empregará internet sen a supervisión do profesor ou encargado da biblioteca.
Protocolo COVID
- O uso da máscara será obrigatorio para acceder á biblioteca para todo o alumnado, inclusive para Ed.Infantil, como medida hixiénica preventiva, polo posible uso das instalación por diferentes grupos de diferente etapas na mesma xornada lectiva.
- Será obrigatoria a hixiene de mans con xel hidroalcólico tanto á entrada como á saída da biblioteca.
- O alumnado desinfectará o seu posto antes e despois do seu uso.
- O emprego de xogos de mesa queda restrinxido.
- O alumnado que empregue material común (ordenadores) deberá desinfectalo antes e despois do seu uso.
- A biblioteca disporá de dous carriños específicos para realizar unha corentena ata o día seguinte de todos os libros utilizados (tanto por consulta na biblioteca como por empréstito).
- Consulta na biblioteca: o alumnado deixará os libros, periódicos ou revistas consultados no carriño.
- Empréstito: o profesorado de garda depositará os libros devoltos no carriño para a correspondente corentena ata o día seguinte.
- Ventilación: a biblioteca permanecerá ventilada de forma permanente mediante unha apertura mínima de 5 cm en ambos os extremos das ventás que dan ao patio.
Cando tes que desinfectar o teu posto?
Onde tes que deixar un libro despois de usalo?