A Biblioteca do CPI de Cova Terreña

Sitio: Aula virtual do CPI de Cova Terreña
Curso: Benvida á aula virtual
Libro: A Biblioteca do CPI de Cova Terreña
Imprimido por: Invitado
Día: martes, 25 de noviembre de 2025, 10:06

Descripción

Unha guía na que aprender todo o que tes que saber sobre a biblioteca do centro.

1. Benvidos/as


Despois de moitos avatares, unha reforma integral, unha mudanza e polo medio unha pandemia mundial, Lentiña volve chea de libros á súa nova casiña, a nosa biblioteca do CPI de Cova Terreña. Despois de moito traballo, os profesores e profesoras xunto co Equipo de Biblioteca quere darvos a BENVIDA a un novo espazo amplo, luminoso e agradable, creado con moito agarimo para todos vós. Aínda que seguimos en construción, desexamos que o gocedes e que poidades sacarlle o máximo partido.   

2. Como é Lentiña, a nova biblioteca?

A nova biblioteca atópase na planta baixa do centro, xusto diante do acceso ao patio norte. Aquí tes algunhas imaxes do que poderás atopar nela:


A distribución de seccións é a seguinte:




Por onde poderías chegar á biblioteca dende a túa clase?

Cal é o patio máis próximo á biblioteca?

En que sección terías que buscar un libro de matemáticas?

Onde podes atopar as novidades?



3. A Clasificación Decimal Universal (CDU)

As bibliotecas de todo o mundo están organizadas segundo a Clasificación Decimal Universal, chamada CDU. Este sistema consiste en en darlle a cada libro unha numeración segundo o tema. Todos os libros coa mesma numeración tratan o mesmo tema e están na mesma sección.

A CDU clasifica todos os libros en categorías numéricas, cuxo primeiro díxito indica a súa temática xeral. Segue a Lentiña no seu percorrido polas CDUs.


Dentro de cada categoría numérica a nosa biblioeca ten as seguintes subcategorías.



Despois do código numérico da sección onde se atopa o libro, na CDU aparecen as tres primeiras letras do apelido do autor, e por último as tres primeiras letras do título, sen contar artigos e preposicións.

Por exemplo:

Se buscamos O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, a súa clasificación será a seguinte:

82-N

RIV

lap


En que sección se atopan os libros de dinosaurios?

Cal é o código numérico da sección de comic ou banda deseñada?

E a de debuxo e manualidades?

4. As normas da biblioteca

  1. A duración do empréstito é de 15 días. Poderá ampliarse se o libro non ten demanda.
  2. Podedes reservar un libro.
  3. Na biblioteca deberás estar en silencio.
  4. Prégase non levar ningún tipo de comida nin bebida á biblioteca.
  5. O uso dos libros será sempre coidadoso.
  6. Despois de ler un libro tedes que colocalo no carriño.
  7. Podedes empregar os ordenadores para consultar información, enciclopedias, CD ou DVD. Se escoitas música terás que pedir uns cascos.
  8. NON se empregará internet sen a supervisión do profesor ou encargado da biblioteca.

Protocolo COVID

  • O uso da máscara será obrigatorio para acceder á biblioteca para todo o alumnado, inclusive para Ed.Infantil, como medida hixiénica preventiva, polo posible uso das instalación por diferentes grupos de diferente etapas na mesma xornada lectiva.
  • Será obrigatoria a hixiene de mans con xel hidroalcólico tanto á entrada como á saída da biblioteca.
  • O alumnado desinfectará o seu posto antes e despois do seu uso.
  • O emprego de xogos de mesa queda restrinxido.
  • O alumnado que empregue material común (ordenadores) deberá desinfectalo antes e despois do seu uso.
  • A biblioteca disporá de dous carriños específicos para realizar unha corentena ata o día seguinte de todos os libros utilizados (tanto por consulta na biblioteca como por empréstito).
    • Consulta na biblioteca: o alumnado deixará os libros, periódicos ou revistas consultados no carriño.
    • Empréstito: o profesorado de garda depositará os libros devoltos no carriño para a correspondente corentena ata o día seguinte.
  • Ventilación: a biblioteca permanecerá ventilada de forma permanente mediante unha apertura mínima de 5 cm en ambos os extremos das ventás que dan ao patio.

Cando tes que desinfectar o teu posto?

Onde tes que deixar un libro despois de usalo?