GAMMA APP
Requisitos do completado
Gamma.app é unha plataforma que permite a creación de páxinas web, presentacións e documentos a partir dun documento mediante instrucións básicas de texto. A ferramenta xera a presentación de cada apartado ou de cada diapositiva cun deseño moi coidado e ben estruturado. Tamén engade imaxes xeradas automaticamente con IA. O máis interesante é que todo é editable. Cada elemento pode ser modificado e adaptado ás necesidades do usuario.
Exemplo
- Aplicación para a creación dunha páxina web con Gamma sobre como crear unha situación de aprendizaxe. Neste exemplo, anexamos o documento pdf cos contidos do libro "Como deseño unha situación de aprendizaxe?" do seguinte bloque. Seguindo os pasos do exemplo, creamos unha páxina web, que mostramos a continucación: https://aula-virtual-situaciones-ndewa8j.gamma.site/
- Aplicación para a creación dunha presentación con Gamma baseada no currículo do módulo "Dixitalización aplicada aos sectores produtivos". Neste exemplo pedimos a presentación en diapositivas dun resumo baseado no currículo oficial do módulo. Ademais, pedimos, a través dun prompt, a creación de novos apartados non incluídos na fonte, pero xerados a partir da mesma.
Prema na ligazón GAMMA APP para abrir o recurso.