Tarefa4.- Mostrar unha imaxe na matriz de LEDs
|
Se non a tedes montada, deberedes montar a matriz de LEDs e conectarémola ao porto 4. A continuación actualizaremos o Firmware. A matriz de LEDs é unha pantalla formada por 128 lámpadas LED, formando unha matriz de 8 filas x 16 columnas. Cada LED pode encenderse e apagarse por separado, e pode mostrar números, letras ou debuxos en función dos LED que encendamos ou apaguemos
Tamén pode mostrar textos curtos. É como non, a hora actual Tamén podemos poñer textos longos, para o cal, necesitaremos engadir unha variable “valor de X” para que vaia cambiando a posición do texto na coordenada X, pois senón non cabe. A matriz de LEDs tamén nos pode mostrar a distancia que está medindo o sensor de ultrasons a un obstáculo. Outra posibilidade e mostrar na matriz de LEDs o nivel de luz que mide o sensor LDR que posúe a placa. |
