Nesta tarefa empregaremos os LEDs de "a bordo" da placa mCore do mBot para simular un semáforo.

As diferentes cores en formato dixital fórmanse a partires de 3 cores RGB (red-green-blue), cuxos valores poden variar dende o 0 ata o 255, combinando diferentes valores para cada un podemos obter unha gran variedade de cores.

O branco e a mestura de todas as cores (255,255,255)

Para apagar os LED debemos poñelos a cero, senón permanecerán na ultima cor(0,0,0)

Práctica 3.1- Cruce de semáforos

Con esta práctica pretendemos simular o cruce de semáforos que regula o tráfico de dúas rúas. Empregaremos os dous módulos externos de 4 LEDs RGB, un deles conectado ao porto 1 e o outro ao porto 4. Se vos fixades estes módulos teñen o ID cor AMARELO, podemos conectalos a calquera porto  1,2,3 ou 4

Haberá que representar dous semáforos que se coordinen;

  1. O primeiro semáforo está en verde , o segundo estará en vermello.
  2. O semáforo 1 vaise poñendo laranxa.
  3. O semáforo 1 poñerase vermello e o semáforo 2 verde.
  4. O semáforo 2 poñerase laranxa.

Para apagar os LEDs creamos un bloque "ao presionar a tecla espazo".... que apague os dous módulos no porto 1 e 4.

Última modificación: sábado, 19 de xaneiro de 2019, 12:03 PM