Que é Genially e para que se emprega? Aquí tes un video que o explica.

Genially é unha ferramenta  en rede, que nos permite xerar contidos interactivos sen necesidade de programar  e sen ter coñecementos de deseño, esta ferramenta está dirixida a usuarios diversos; educación, empresas, deseño...

Permite deseñar infografías, xogos, escape rooms, videos interactivos, presentacións, diagramas de flujo, mapas...etc


Esta ferramenta en rede, ten múltiples opcións e plantillas, coñecelas todas necesitaría un curso completo adicado só a ela, polo que neste módulo falaremos dela por encima, de xeito que vos axude a coñecela e a crear algun contido sinxelo partindo dunha plantilla.

Pasos
  1. Accede ao sitio Genially: podes coñecer a aplicación co menú "primeiros pasos ou co menú "tour por Genially"
  2. Rexístrate cunha conta de correo electrónico; pode ser unha conta de google ou outra:

  3. Cando crees o teu perfil , escolle o uso educativo coma profesor/a e a etapa na que impartes.
  4. Xa podes comezar, preme no botón crear genially
  5. Escolle a opción do contido que desexas crear (Presentacións, infografías, Gamificación, video presentación...) Podemos empregar unha plantilla ou partir dun lenzo en branco. Eu recomendoche que as primeiras veces partas de plantillas ou dalgunha "inspiración".
    Tamén podes buscar contido relacionado coa túa materia escribindo o texto no cadro de busca.

  6. Escollemos a imaxe interactiva; aquí tes un video explicativo, estade atentos ao video, xa que a tarefa que se vai pedir é unha imaxe interactiva.

  7. Outra opción é a presentación, neste enlace está explicado paso a paso.
  8. Para crear unha infografía  aquí tes un enlace onde o explican.
  9. Se escolles a opción "Gamificación". Neste enlace explican a gamificación.
  10. Explicación do escape room
  11. En todos os tipos de contido podemos empregar plantillas ou comezar con lenzos en branco. As plantillas da versión premium (de pago) posúen unha estrela na esquina superior dereita.

Última modificación: sábado, 8 de xaneiro de 2022, 9:00 PM