Tarefa 3.- Semáforo
|
Nesta tarefa empregaremos os LEDs de "a bordo" da placa mCore do mBot para simular un semáforo. As diferentes cores en formato dixital fórmanse a partires de 3 cores RGB (red-green-blue), cuxos valores poden variar dende o 0 ata o 255, combinando diferentes valores para cada un podemos obter unha gran variedade de cores. O branco e a mestura de todas as cores (255,255,255) Para apagar os LED debemos poñelos a cero, senón permanecerán na ultima cor(0,0,0)
Práctica 3.1- Cruce de semáforos
Con esta práctica pretendemos simular o cruce de semáforos que regula o tráfico de dúas rúas. Empregaremos os dous módulos externos de 4 LEDs RGB, un deles conectado ao porto 1 e o outro ao porto 4. Se vos fixades estes módulos teñen o ID cor AMARELO, podemos conectalos a calquera porto 1,2,3 ou 4
Haberá que representar dous semáforos que se coordinen;
Para apagar os LEDs creamos un bloque "ao presionar a tecla espazo".... que apague os dous módulos no porto 1 e 4. |