O PSOAS ILÍACO é un músculo extenso, potente e bastante
específico dos movementos de flexión. É digástrico, ten un ventre maior e outro
menor.
. A parte“psoas” atópase nas caras laterais das vértebras
lumbares, nas caras anteriores das apófisis transversas e discos
intervertebrais da doceava vértebra dorsal á quinta vértebra lumbar.
·A parte “ilíaca” atópase na cara interna da fosa ilíaca.
Inserción (unión).
Ambas partes conflúen á altura da
rama ileopubiana e van rematar fixándose no trocánter menor, enrolándose antes
no colo do fémur e multiplicando a súa potencia sobre a cadeira.
Función.
-Ten unha
triple dirección: Cráneo-caudal, medio-lateral e postero-anterior.
-Co tronco
fixo e as pernas móviles: Produce flexión de cadeiras con aducción e rotación externa.
-Coas pernas
fixas e o tronco móvil: Pode actuar sobre a pelve ou o tronco.
-Sobre a
pelve: Produce anteversión pélvica acompañada de hiperlordosis
lumbar.
-Sobre o
tronco: Produce flexión do tronco a partir da zona lumbar. Pode
desastibilizar a zona lumbosacra, producindo a mencionada hiperlordosis lumbar
e anteversión da pelve.