Foro de novas

Aviso FIN DE CURSO

Aviso FIN DE CURSO

por IRENE PORTAS PETEIRO -
Número de respostas: 0

Ola a todas e a todos!

Chegou a fin do curso máis raro das nosas vidas.

Quería felicitar a aquelas persoas que semanalmente entregaron as tarefas propostas, demostrando responsabilidade, dedicación, constancia e esforzo. Estou enormemente orgullosa de vós.

As persoas que amosaron menos interese espero que polo menos invertisen o tempo en algo que merecese realmente a pena. Agardo que mudedes a actitude de cara ao próximo curso, pois empezarase con forza!

Se tedes algunha dúbida sobre a cualificación final podedes escribirme antes do 1 de xullo.

Xa sabedes onde atoparme se precisades algo.

Deséxovos un bo verán. 

Unha aperta moi grande, bótovos de menos!

Irene