Ola a todos e a todas!
Agardo que esteades ben.
Xa tedes colgadas as tarefas das próximas dúas semanas na aula virtual.
Como sei que algúns e algunhas de vós estades pendentes de entregar boletíns atrasados propóñovos estas tarefas para as próximas dúas semanas para que así teñades máis tempo para facelas. De todos xeitos, se a alguén lle apetece traballar máis só ten que pedirmo e proporcionareille tarefas a maiores.
Nunhas semanas rematará o curso polo que se queredes entregar algunha tarefa atrasada facédeo canto antes, por favor.
Parabéns polo traballo que estades a realizar! Xa sabedes, se tedes calquera pregunta, non dubidedes en escribirme.
Apertas!