Bo día a todos e a todas! Agardo que esteades ben.
Esta semana non vos propoño tarefas novas.
Como algún e algunha de vós aínda ten tarefas atrasadas por entregar, esta semana podedes aproveitar para poñervos ao día.
Lembrade que o traballo realizado durante o confinamento pode subirvos a nota media ata un punto!
Acabo de actualizar a aula virtual para que poidades enviarme todas as tarefas atrasadas que queirades a través da mesma. De todos xeitos, se alguén ten algún problema coa plataforma dixital sempre pode enviarme as tarefas ao meu correo electrónico.
Por favor, sempre que entreguedes unha tarefa é importante que nomeedes o voso documento co voso nome e o título da actividade, por exemplo: "IrenePortas_Boletín de reforzo semana 16 de marzo".
Aquelas persoas que si teñen entregado as tarefas semanalmente poden aproveitar para descansar ou empregar algún dos recursos que vos propoño no apartado de "Outros recursos para a corentena". Ademais, vouvos deixar un enlace sobre ECO-ideas e ECO-manualidades que podedes realizar durante esta semana. Estas propostas son de ADEGA, a Asociación pola Defensa da Natureza de Galicia. Agardo que vos gusten e sexan de utilidade.
Apertas, coidádevos moito