Foro de novas

Aviso semana 27 de abril

Aviso semana 27 de abril

por IRENE PORTAS PETEIRO -
Número de respostas: 0

Ola a todas/os!

Agardo que esteades ben. Xa tedes as tarefas desta semana colgadas na aula virtual.

Esta semana propóñovos o seguinte:

  • Unha tarefa que consiste en elaborar un refuxio para insectos, dirixida a aquel alumnado que dispoña dos medios para facelo.
  • Unha tarefa sobre metamorfose de insectos, dirixida a aquel alumnado que non dispoña dos medios para construír o refuxio.
  • Un visu de mamíferos carnívoros

IMPORTANTE: estas actividades entregaranse a través das TAREFAS da aula virtual e non do correo electrónico.

A entrega da actividade da semana pasada sobre Félix Rodríguez de la Fuente segue aberta para que ma poidades enviar aqueles alumnos/as que aínda non o fixestes. Os boletíns das primeiras semanas e a actividade de #Naturezanacasa si podedes enviarmos ao meu correo electrónico.

En canto cheguen novas  instrucións da Consellería de Educación informareivos con máis detalle de como se vai desenvolver a fin deste curso, mentres tanto transládovos o que se contempla neste momento. A nota final será a media das dúas avaliacións anteriores e o traballo realizado durante o terceiro trimestre poderá subir a nota final. 

Unha aperta enome, coidádevos moito.