Bo día,
Como parece que isto vai para longo, acabo de colgar unha nova tarefa na Aula virtual sobre o Tema 5 As plantas. Imos ir avanzando no tema, pero de todos os xeitos, ao retomar as clases veremos o tema dende o inicio.
Trátase dunha serie de cuestións relacionadas co tema 5 que teredes que entregarme a través desta plataforma e non do correo electrónico. A data límite é o 2 de abril. A maiores, como todas as semanas, contades cos boletíns de actividades de reforzo e ampliación e o visu que, como xa vos indiquei, podedes ir enviándome ao correo ou senón, revisareinos ao retomar as clases.
Máis información no documento de Indicacións para a realización das tarefas durante a corentena polo Covid-19.
Unha aperta e moito ánimo!