Foro de novas

Tarefa para entregar

Tarefa para entregar

por IRENE PORTAS PETEIRO -
Número de respostas: 0

Bo día, 

Como parece que isto vai para longo, acabo de colgar unha nova tarefa na Aula virtual sobre o Tema 7 A reprodución, que estabamos vendo. Imos ir avanzando no tema, pero de  todos os xeitos, ao retomar as clases veremos o tema dende onde o deixamos. 

Trátase dunha serie de cuestións relacionadas co tema 7 que teredes que entregarme a través desta plataforma e non do correo electrónico. A data límite é o 2 de abril.  A maiores, como todas as semanas, contades cos boletíns de actividades de reforzo e ampliación que, como xa vos indiquei, podedes ir enviándome ao correo ou senón, revisareinos ao retomar as clases. 

Máis información no documento de Indicacións para a realización das tarefas durante a corentena polo Covid-19. 

Unha aperta e moito ánimo!