Tarefa 4.- Crea o teu contido en eXeLearning
Requisitos do completado
Abertas: martes, 28 de decembro de 2021, 12:00 AM
Nesta tarefa propoñemos que crees o teu propio contido, cun tema da túa materia, coa aplicación eXeLearning que despois empregarás nun curso da Aula Virtual ou EVA-Edixgal
- Escolle un tema da túa materia.
- Instala o eXeLearning no teu ordenador.
- Crea un novo contido coa aplicación eXeLearning.
- Engade un Tema, unha sección e unha unidade relacionadas coa túa materia.
- Engade contido textual, con imaxe, video e algunha das actividades explicadas no manual.
- Garda o ficheiro co nome do teu tema e extensión *.elp.
- Exporta o ficheiro en formato Educativo-SCORM 1.2 e extensión *.zip
- Engade ese contido na túa aula virtual ou EVA Edixgal coma un recurso SCORM.
