Section outline

  • FESTAS E CONMEMORACIÓNS


    • Trabalinguas para os pequenos da casa

    • Cantamos e lemos. Aprendemos a canción de Outono de Uxía Lambona e a Banda Molona mentres practicamos a lectura coa axuda de imaxes.
    • Xogamos cos puzzles e parellas do Samaín. Practica e demostra o que sabes!!
    • Xogo de encrucillado para practicar vocabulario de outono.

    • TRABALLANDO POLA PAZ

      Como sabedes, o vindeiro 3o de xaneiro conmemórase o Día Internacional pola Paz. Este tema é algo que procuramos traballar transversalmente ao longo do curso, aínda que no centro facemos sempre unha celebración conxunta nesa data sinalada na que  se celebra o cabodano de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica frente a  inxustiza.

      Nestes días coñecimos a historia de Malala, e os nenos e nenas quedaron profundamente impresionados polo que unha simple nena foi capaz de facer nun país onde as inxustizas e desigualdades son especialmente notables.

      Tamén estamos traballando a lectura do conto de Mamá Cabra : A bruxa Discordia. Ademáis do conto aproveitamos para escoitar nas clases as cancións que acompañan ao conto.

      Deixámosvos por eiquí os enlaces para que na casa o poidades ver cos rapaces se vos apetece.



      Fai click no enlace para escoitar As cancións para a Paz da Bruxa Discordia.

      https://www.youtube.com/watch?v=CRx4RSvXUto&list=OLAK5uy_loS8n_qnatoos5hYvn_d-bHDocPG56YX4

    • TITORIAL MARCAPÁXINAS DÍA DA PAZ


    • CORAZÓN DE PAPEL