Opcións de matriculación

1. INTRODUCIÓN

A través deste curso imos organizar todo o material deste PROXECTO no que trataremos de aprender de xeito competencial e interdisciplinar.

Os centros de aprendizaxe favorecen:

  • A autonomía, xa que han de ser eles quen xestionen o espazo e a actividade
  • Interacción e xestión de conflitos
  • Traballo cooperativo e responsabilidade
  • Reforzo dos contidos das distintas materias (interdisciplinariedade) 
Pola súa parte, o xogo

  1. Favorece o desenvolvemento global do alumno
  2. Traballa a concentración, a memoria, a observación e a creatividade
  3. Desenvolve a resolución de problemas e conflitos, ensina a elaborar estratexias e a toma de decisións
  4. Require o cumprimento de normas, tanto específicas coma de convivencia
  5. Favorece a socialización e reforzan os vínculos afectivos
  6. Incrementa o seu nivel de tolerancia e frustración, e tamén ensinan a ser pacientes
  7. Incide na importancia do esforzo e do traballo en equipo
  8. Mellora a autoestima e a confianza nos compañeiros
  9. Favorece a aprendizaxe competencial 
2. METODOLOXÍA 

Como se levará a cabo este plantexamento? 

As tarefas que desenvolveremos nesta hora semanal serán as seguintes: 

  • Desenvolver obradoiros impartidos por especialistas no xogo que nos achegarán xogos divertidos e instrutivos 
  • Achegar aos nenxs a xogos de mesa máis tradicionais (xadrez, damas, oca, parchís...)
  • Ensinar xogos máis actuais relacionados con contidos axeitados ao nivel escolar
  • Abrir o colexio e os seus espazos e tempos para poder ver o xogo de mesa como actividade lúdica (recreos)
  • Implicar ás familias, como parte da comunidade educativa, para que compartan xogos e experiencias coa clase.

Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.