
1. INTRODUCIÓN
A través deste curso imos organizar todo o material deste PROXECTO no que trataremos de aprender de xeito competencial e interdisciplinar.
Os centros de aprendizaxe favorecen:
- A autonomía, xa que han de ser eles quen xestionen o espazo e a actividade
- Interacción e xestión de conflitos
- Traballo cooperativo e responsabilidade
- Reforzo dos contidos das distintas materias (interdisciplinariedade)
- Favorece o desenvolvemento global do alumno
- Traballa a concentración, a memoria, a observación e a creatividade
- Desenvolve a resolución de problemas e conflitos, ensina a elaborar estratexias e a toma de decisións
- Require o cumprimento de normas, tanto específicas coma de convivencia
- Favorece a socialización e reforzan os vínculos afectivos
- Incrementa o seu nivel de tolerancia e frustración, e tamén ensinan a ser pacientes
- Incide na importancia do esforzo e do traballo en equipo
- Mellora a autoestima e a confianza nos compañeiros
- Favorece a aprendizaxe competencial
Como se levará a cabo este plantexamento?
As tarefas que desenvolveremos nesta hora semanal serán as seguintes:
- Desenvolver obradoiros impartidos por especialistas no xogo que nos achegarán xogos divertidos e instrutivos
- Achegar aos nenxs a xogos de mesa máis tradicionais (xadrez, damas, oca, parchís...)
- Ensinar xogos máis actuais relacionados con contidos axeitados ao nivel escolar
- Abrir o colexio e os seus espazos e tempos para poder ver o xogo de mesa como actividade lúdica (recreos)
- Implicar ás familias, como parte da comunidade educativa, para que compartan xogos e experiencias coa clase.
- Course creator: Beatriz Cancela