Este caderno pretende ser unha axuda para a adquisición dos contidos da materia. 

Durante o curso, deberás levalo tódolos días á clase para completar os exercicios propostos e realizar as tarefas. Debe estar a disposición do profesor. Lembra que a súa valoración constitúe o 10% da cualificación de cada avaliación. 

Os temas que imos traballar durante o curso serán: 

  1. O son e as súas cualidades 
  2. O ritmo 
  3. A altura do son 
  4. Melodías 
  5. Textura, harmonía e acordes 
  6. A forma musical 
  7. Un mundo de instrumentos

En cada unidade traballaremos unha serie de competencias. 

Tamén atoparás, ao final de cada tema, un cuestionario de autoavaliación, no que poderás valorar os obxectivos que, ao teu xuízo, acadaches. Cando realices o exame de cada unidade deberás anotar a cualificación no espazo que aparece na portada.