Coñecemento básico da estrutura e función do aparato locomotor. Desenvolvemento de hábitos posturais correctos que minimicen o risco físico durante a interpretación. Técnicas de respiración, relaxación, autocontrol, optimización da enerxía muscular, concentración e memoria aplicadas ao estudo do violonchelo e á actuación en público.