O vindeiro martes 28 de xullo, a aula virtual do centro permanecerá fóra de servizo debido a unha actualización do software Moodle.
🕗 Inicio previsto: 8:00 horas
⏱️ Duración estimada: aproximadamente 8 horas.
Durante este período non será posible acceder á aula virtual, polo que se recomenda descargar previamente calquera material ou realizar as tarefas necesarias antes do comezo da intervención.
Grazas pola vosa comprensión.