O vindeiro luns 22 de decembro, a partir das 8:00 horas, iniciarase un proceso de actualización do software Moodle da aula virtual. Estímase que esta intervención terá unha duración aproximada de 8 horas.
Durante este período, a aula virtual permanecerá fóra de servizo, polo que non será posible acceder nin realizar ningunha operación nela. Unha vez finalizada a actualización, o servizo restablecerase con normalidade.
Agradecemos a vosa comprensión polas molestias que esta interrupción poida ocasionar.