Transformamos unha cafetería nun negocio sostible
Descrición da tarefa
Deberás elaborar en grupo un plan básico de sustentabilidade para unha cafetería ficticia. Para iso, analizarás o consumo de recursos, a xestión de residuos e o impacto ambiental das actividades propias dun establecemento hostaleiro, co obxectivo de propoñer medidas sinxelas e realistas que melloren o seu funcionamento sostible.
Criterios de avaliación
-
CA6.2 – Analizáronse os aspectos ASG materiais, as expectativas dos grupos de interese e a importancia dos aspectos ASG en relación cos obxectivos empresariais.
-
CA6.3 – Definíronse accións encamiñadas a minimizar os impactos negativos e aproveitar as oportunidades que presentan os principais aspectos ASG identificados.
-
CA6.4 – Determináronse as métricas de avaliación do desempeño da empresa de acordo cos estándares de sustentabilidade máis amplamente utilizados.
-
CA6.5 – Elaborouse un informe de sustentabilidade co plan e os indicadores propostos.